Pontevedra acogerá el Campeonato Provincial de Cetrería 2026
CAMPIONATO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA DE CETRERÍA 2026
Unha gran cita para os amantes da arte do voo
O vindeiro 26 de setembro de 2026, a provincia de Pontevedra converterase no epicentro da cetrería galega coa celebración do Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería, unha competición oficial organizada pola Federación Galega de Caza – Delegación Provincial de Pontevedra xunto coa Asociación Deportiva de Cetreiros Galegos (AGCCA).
O campionato figura ademais dentro do calendario oficial de competicións da Federación Galega de Caza para a tempada 2026 e nace coa vontade de consolidarse como unha referencia anual da cetrería deportiva en Galicia.
Será unha xornada dedicada ao deporte, á tradición e á conservación dunha disciplina recoñecida pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, reunindo cetreiros de toda Galicia e doutras comunidades que compartirán unha intensa xornada de competición e convivencia.
Un campionato oficial con carácter provincial
Aínda que este campionato non será clasificatorio nin puntuable para o Campionato Galego de Cetrería, si ten a consideración de Campionato Provincial de Pontevedra, proclamando aos campións provinciais en cada unha das modalidades oficiais.
O campionato ten carácter aberto, polo que poderán participar tanto cetreiros federados en Galicia como de calquera outra comunidade autónoma.
Como requisito indispensable e común para todos os participantes, será obrigatorio estar en posesión da licencia federativa de cetrería en vigor, emitida pola Federación Galega de Caza ou, no caso de participantes doutras comunidades, pola súa respectiva federación autonómica homologada, debendo atoparse en todo caso ao corrente de pago en dita entidade. A organización comprobará a vixencia da licencia e o cumprimento deste requisito no momento da formalización da inscrición.
Esta primeira edición supón un importante paso para a recuperación das competicións oficiais de cetrería na provincia e reafirma o compromiso da Federación Galega de Caza e da AGCCA coa promoción deste deporte.
Organización del campeonato
- Federación Galega de Caza – Delegación Provincial de Pontevedra
- AGCCA – Asociación Deportiva de Cetreiros Galegos
Lugar da competición
A competición celebrarase no Pastizal de Pinzas - Concello de Tomillos, situado en (Tui, Pontevedra), un espazo perfectamente acondicionado para o desenvolvemento das probas de cetrería e cun amplo campo de voo para participantes e público.
Coordenadas 42.05537547876881, -8.794231374544948
📍 Abrir localización en Google Maps
Modalidades de competición
O campionato reunirá algunhas das especialidades máis representativas da cetrería deportiva, onde cada ave demostrará as súas aptitudes naturais de velocidade, obediencia, persecución e captura.
![]() |
AltaneríaVoos de gran altura con falcóns sobre faisán, unha das modalidades máis elegantes e espectaculares da cetrería. |
![]() |
AzoresProba de baixo voo onde prima a rapidez, a precisión e a capacidade de persecución da ave. |
![]() |
HarrisUnha modalidade moi dinámica na que os falcóns Harris demostran a súa extraordinaria intelixencia e eficacia. |
![]() |
Pequenas avesCompetición reservada ás pequenas rapaces, caracterizada pola súa enorme axilidade e velocidade. |
![]() |
Man x ManCompetición de falcon dende a man do cetreiro, demostrando a súa velocidade, potencia e capacidade de captura ata completar o lance. |
Formato da competición
Todos os participantes poderán realizar dous lances, distribuídos en dúas roldas:
| Rolda | Horario |
|---|---|
| Primeira rolda | Mañá 09:00 h |
| Descanso e pinchos | 13:30 h a 15:00h |
| Segunda rolda | Tarde 15:00 h |
A clasificación final establecerase tendo en conta unicamente a mellor puntuación obtida por cada participante entre ambos os dous lances. Os competidores que decidan non disputar a segunda rolda conservarán a puntuación acadada na primeira.
Este formato busca ofrecer igualdade de oportunidades e premiar o mellor voo de cada ave ao longo da xornada.
Horario previsto
| Hora | Programa do campionato |
|---|---|
| 09:00 | Inicio da competición |
Orde de saída:
|
|
| 13:30 | Descanso e pinchos |
| 15:00 | Segunda rolda |
| Final | Entrega de trofeos e proclamación dos campións provinciais |
Inscricións
As inscricións permanecerán abertas desde o 4 de setembro ata o 23 de setembro de 2026, ambos os dous incluídos, e deberán formalizarse a través da plataforma oficial da AGCCA.
Cada participante deberá presentar, entre outra documentación:
- Licenza federativa en vigor.
- Documentación da ave.
- Datos identificativos do cetreiro.
- Modalidade na que participa.
A participación estará limitada por razóns organizizativas e de benestar animal.
Colaboradores
Este campionato conta coa colaboración das entidades que fan posible a celebración desta primeira edición:
Coto de Caza de Tui |
Sociedade de Caza A Tomiñesa |
Os Bichoucos, distribución de piensos |
Tecor Terra Chá |
Olimpo GPS |
Pandora Falcon |
Suevia Falcons |
Galirede S.L. |
Areal Falcons |
Indigenom Project |
Patrocinadores
O Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería agradece o apoio das empresas e entidades patrocinadoras que colaboran na promoción da cetrería deportiva en Galicia.
Xunta de Galicia |
Deporte Galego |
Deputación de Pontevedra |
Mutuasport |
Concello de Tomiño |
Federación Galega de Caza |
Moito máis ca unha competición
A cetrería constitúe unha das manifestacións cinexéticas máis antigas de Europa. A súa práctica moderna combina tradición, coñecemento biolóxico e un profundo respecto polas aves rapaces, sendo unha disciplina na que o verdadeiro protagonista é o vínculo entre o cetreiro e a súa ave.
O Campionato Provincial de Pontevedra nace coa intención de consolidarse como unha cita anual de referencia en Galicia, fomentando a convivencia entre afeccionados, a divulgación do patrimonio cetrero e a promoción das boas prácticas no manexo das aves de presa.

Información do evento
| 📅 Data | 26 de setembro de 2026 |
| 📍 Lugar | Pastizal de Pinzas - Concello de Tomillos, (Tui, Pontevedra) |
| 🏆 Evento | Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería |
| 🦅 Organizan | Federación Galega de Caza – Delegación Provincial de Pontevedra e AGCCA – Asociación Deportiva de Cetreiros Galegos |
| 📝 Inscricións | Do 4 ao 23 de setembro de 2026 |
AGCCA – Asociación Deportiva de Cetreiros Galegos convida a todos os cetreiros, afeccionados e público xeral a gozar dunha xornada única onde a elegancia do voo, o respecto polas aves rapaces e a tradición da cetrería serán as auténticas protagonistas.


_.jpeg)




