I Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería
I Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería · 26 de setembro de 2026
O prazo oficial de inscrición para participar no I Campionato Provincial de Pontevedra de Cetrería 2026 rematou.
Dende a organización queremos expresar o noso máis sincero agradecemento á Federación Galega de Caza – Delegación Provincial de Pontevedra, polo seu compromiso, apoio institucional e extraordinario traballo na organización desta primeira edición do Campionato Provincial.
O noso recoñecemento esténdese igualmente a todos os patrocinadores, colaboradores, sociedades de caza, entidades participantes e persoas voluntarias que contribuíron a facer posible este evento deportivo.
E, de maneira moi especial, queremos dar as grazas a todos os cetreiros inscritos. A vosa confianza, participación e paixón pola cetrería converten este campionato nun auténtico punto de encontro para seguir fortalecendo esta arte milenaria en Galicia.
O campionato ten carácter aberto, polo que poderán participar tanto cetreiros federados en Galicia como de calquera outra comunidade autónoma.
Organizado pola Federación Galega de Caza (Delegación de Pontevedra) e AGCCA · Proba oficial non clasificatoria para o Campionato Galego.
Como requisito indispensable e común para todos os participantes, será obrigatorio estar en posesión da licencia federativa de cetrería en vigor, emitida pola Federación Galega de Caza ou, no caso de participantes doutras comunidades, pola súa respectiva federación autonómica homologada, debendo atoparse en todo caso ao corrente de pago en dita entidade. A organización comprobará a vixencia da licencia e o cumprimento deste requisito no momento da formalización da inscrición.
Federación Galega de Caza [Pontevedra]
Francisco Couselo Castiñeira
AGCCA Asociación Deportiva de Cetreiros
Carlos Alberto Gallego Paredes
O presidente do coto de caza de TUI
Pte. Manuel González Vázquez
Sociedad de caza la Tomiñesa
Pte. Carlos A. Vicente Estévez
Francisco Solla Santomé
Serán asignados pola Federación Galega de Caza
Pastizal de Pinzas - Concello de Tomillo
Coordenadas 42.05537547876881, -8.794231374544948
Hora de inicio: 09:00 do día 26/09/2026
Co seguinte orde de saída:
1º Altanería, 2º Azores, 3º Harris, 4º Pequenas aves, 5º Man x Man
Descanso e pincho: 13:30
Segunda rolda: 15:00
Ábrese a inscrición o día 04/09/2026 e pecharase o día 23/09/2026 ás 24 horas
Para a inscrición é necesario ter ao día a licenza da Federación Galega de Caza.
Normas Técnicas de Cetrería
Ver regulamento RFEC de Cetrería →
Esta proba estará regulada polo actual regulamento da Federación Galega de Caza.
Xunta de Galicia
Deporte Galego
Deputación de Pontevedra
Mutuasport
Concello de Tomiño
Federación Galega de Caza
Sociedad de Caza de Tui
Sociedad de Caza La Tomiñesa
Os Bichoucos, distribución de piensos
Tecor Terra Chá
Olimpo GPS
Pandora Falcon
Suevia Falcons
Galirede S.L.
Areal Falcons
Indigenom Project